O Novo Vioño
26.02.07 @ 20:18:52. Archivado en Queixas, Reportaxes
Ata non fai moito tempo, unha das esquinas do barrio era un monte poboado con aldeas e terras cultivadas que, malia as constantes peticións dos veciños ó Concello para o seu arranxo, pasaban os anos e todo seguía igual. Ao final soubemos que semellante atraso era debido a diversos trámites necesarios para a adquisición dos terreos, que se prolongaron demasiado no tempo por diversas dificultades aparecidas durante o proceso.
Durante todos eses anos convivimos no medio da cidade cunha paisaxe máis digna do rural que dunha zona urbana. Ademais, tratábase dunha zona que ós veciños nos causaba inseguridade, só de cando en vez atreviamonos atravesar a zona debido a que era un lugar propicio para levar a cabo actividades sospeitosas e trapicheos varios. Non sería a primeira vez que algún propietario dun terreo mentres se ocupaba do seu coidado recibía a visita dalgún pequeno delincuente intentando roubarlle.
Pero durante os últimos meses a gran paciencia dos veciños empeza a verse compensada polo avance das obras. O que fora monte de Vioño, aldea, leiras e aquel mítico lugar desde onde lanzaban os fogos de artificio da festa dos Mallos estase a converter nun gran conxunto de edificios (cuia construción pode gustar máis ou menos) acompañados dun gran parque [Ver Fotos]. Ata agora só podemos falar sobre o parque, que xa está acabado e quedou como un amplo espazo para poder pasear, sentarse ou xogar os nenos, algo sen dúbida moi ben acollido polos veciños. É un parque orixinal, como non había ningún ata o momento na cidade, con fontes que nacen do chan e montículos de céspede que rodean os camiños. Por agora algunhas árbores son pequenas, pero cremos que cando acaben de crecer farán do parque un lugar máis acolledor. Felicitamos tamén ós responsables por manter os restos históricos da zona, posto que os dous pozos de pedra e os dous hórreos se manteñen dentro do parque e esperemos que reciban os coidados necesarios para a súa conservación. A este respecto queremos denunciar, como xa fixeron a AAVV e outros veciños, o uso que fixeron certas persoas dos hórreos, que aproveitándose de que teñen porta metíanse dentro e alí facían o que lles petaba sen ser vistos, ata chegaron ser utilizados a modo de aseo público ou basureiro.
Agora mesmo é un pouco pesado achegarse ó parque porque só se pode entrar pola zona da Grela, xa que os lados da Av. de Arteixo e Rolda de Outeiro están en obras pola construción dos mencionados edificios, pero nun futuro próximo esta urbanización da zona conlevará a apertura de novas rúas que darán mellor acceso ao parque desde estas avenidas.
Aínda que dos edificios coñecemos máis ben pouco, podemos dicir que terán entre oito e nove plantas, garaxe subterráneo, e uns terán forma de L e outros de U ó longo da Ronda de Outeiro e da Avenida de Arteixo. Rumoréase polo barrio que unha boa parte dos pisos xa foron vendidos e que nalgún dos casos o seu prezo rolda os 300.000€, o cal choca un pouco co carácter humilde do barrio dos Mallos, xa que con estes prezos máis que posibilitar o traslado á nova zona de veciños deste barrio, Os Mallos gañará novos veciños procedentes doutras zonas, que se sumarían ós 35.000 que xa somos.
O que esperan os vecinos respecto a Vioño é, que ademais da apertura de novas rúas e ter un novo parque de calidade, que axude a mellorar os servizos dunha zona históricamente esquecida.
Dirección para hacer trackback a este post:
http://blogs.periodistadigital.com/btbf/trackback.php/77171
Comparte esta información
Comentarios, Trackbacks, Pingbacks:
Ahora mismo eso empieza a ser imposible. Le invito a que camine por encima del cesped del parque y le eche un vistazo. Verá pocas zonas sin su "cagada". Lamentable.
Se muestran únicamente los últimos 40 comentarios de cada post.
autor
Contacto









