Semana de Políticos
17.02.07 @ 19:49:39. Archivado en Políticos
Parece que ós políticos lles gusta o blog, o ven como unha boa iniciativa para acercarse ós veciños, iso sí, nunca se sabe con que segundas intencións o fan, se é que existen esas segundas intencións. Desde o blog estamos en permanente contacto, tanto cos grupos da oposición como co grupo de goberno buscando coñecer ás impresións e as propostas sobre o barrio que teñen na súas mentes os nosos representantes políticos.
Esta semana falamos co BNG que estará atento ás noticias que publiquemos no blog e así coñecer de primeira man as necesidades desta zona da cidade nunha semana na que se reuniu con representantes veciñais do barrio.
Do mesmo modo fará o grupo Corcoba, que esta semana volveunos escribir avisándonos de novas peticións sobre o barrio que levarán ó pleno do concello (neste caso, a petición irá sobre o amaño da "pista verde", pista polideportiva da Sagrada Familia que está nun estado lamentable, Ver Pista).
Co Partido Popular esta semana non falamos nada, pero tamén é certo, que o mesmo que os demais grupos municipais, seguen a actualidade do noso blog e nos envían, como ocorreu fai un par de semanas, as súas propostas.
Tamén, desde a web do Alcalde recibimos a felicitación polo blog, as actuacións que se levarán a cabo no barrio e o compromiso de que toman nota das peticións realizadas polos veciños no blog.
Ánimo a tódolos veciños do barrio a participar no blog, calqueira cousa que queirades dicir esta é a vosa casa, sabendo ademais que os vosos representantes están atentos a estas páxinas.
Dirección para hacer trackback a este post:
http://blogs.periodistadigital.com/btbf/trackback.php/75248
Comparte esta información
Comentarios, Trackbacks, Pingbacks:
Aún no hay Comentarios/Trackbacks/Pingbacks para este post...
Se muestran únicamente los últimos 40 comentarios de cada post.
autor
Contacto








