Polémica coas Vivendas da Sagrada Familia
14.02.07 @ 12:37:36. Archivado en Noticias, Políticos
O presidente da Asociación de Veciños dos Mallos, Eduardo Souto, suscitou fai unhas semanas ao candidato popular un ambicioso proxecto de urbanización que afectaría á primeira e segunda fase da Sagrada Familia, e que tería como obxectivo reordenar de novo toda a zona cun proxecto consensuado cos veciños, prudente e cunha planificación creíble. Estaría de acordo na construcción de novos edificios modernos sempre que incluísen mellorar os servicios do barrio como garaxes e locais comerciais. En opinión do responsable vecinal, as axudas propostas polo Concello para a Sagrada Familia son positivas pero supoñen un parche que non soluciona os problemas estructurais da zona.
En cambio, os veciños da Sagrada Familia non opinan o mesmo que o presidente da AAVV Os Mallos. Inmediatamente despois de coñecer esta proposta, os veciños acusaron a esta asociación de ir pola súa conta sen contar con eles propoñendo cousas absurdas. "Por que queren tirar as nosas casas?, dicía unha señora maior". O presidente da AAVV La Paternidad-Sagrada Familia recriminou á outra AAVV a manera de proceder, non se poden dicir así as cousas, sobre todo, semellante cousas sen nen sequera consultar ós veciños.
O candidato popular, a quen se lle propuso esta idea dende a AAVV Os Mallos, di que so recolleu esta proposta como todas as que recibe dos veciños na súa campaña polos barrios da cidade.
O alcalde dixo ó respecto, que un candidato á alcaldía e unha asociación de veciños "non poden dicir tantas bobadas" e engadiu, que as vivendas do barrio están en pleno proceso de rehabilitación.
Pois así están nas cousas no barrio, como saíu reflexado no blog do barrio e no xornal do "Distrito Mallos", hai xente moi enfadada coa AAVV Os Mallos. Esperemos que nos próximos tempos todo se arranxe, porque falando enténdese a xente.
Dirección para hacer trackback a este post:
http://blogs.periodistadigital.com/btbf/trackback.php/74552
Comparte esta información
Comentarios, Trackbacks, Pingbacks:
Aún no hay Comentarios/Trackbacks/Pingbacks para este post...
Se muestran únicamente los últimos 40 comentarios de cada post.
autor
Contacto








