Desperfectos na zona de San Jaime
14.02.07 @ 13:01:51. Archivado en Queixas
Algunhas rúas do barrio están case que abandonadas, sen cuidados, sen ningún tipo de conservación. Ocorre neste caso na zona comprendida entre a Avenida de Arteixo e a rúa San Jaime, por onde está o túnel que une ambas rúas.
Neste caso, non hai queixa para o túnel, o contrario que noutras épocas está perfectamente iluminado e coidado, non así o lugar que hai ós pés das torres de San Jaime, entre o túnel e a rúa do mesmo nome. Cando chega a noite, a pesar de que non fai moito tempo aumentouse o número de farolas, estas seguen sendo escasas e é un perigo pasar de noite por alí. Non fai moito, chegaron queixas de veciños debido a que se producían movementos de xente sospeitosos polas noites.
A rúa que se atopa entre a rúa Belén e a Avenida de Arteixo, que une o túnel coa rúa Sagrada Familia ten escasa iluminación. É moi raro que alguén utilice esta rúa para moverse unha vez que cae a noite pois pouco se ve. Ademáis, está chea de continuos desperfectos, incluso algúns perigosos como buratos no chan agora tapados con planchas metálicas.
Este lugar tamén se converte nun perigo cando chove, neste caso o chan vólvese dunha cor verde, como se tivese algo parecido a "musgo" e é imposible manterse erguido. Eu mesmo, fai un tempo, resbalei e caín por non ser capaz de manter o equilibrio. Se algún de vós utiliza esta rúa, lembrade que cando chova non vaiades polo medio, ide polo lateral que ten beirarrúa que é máis seguro.
Falando de buratos no chan, na esquina da Avenida de Arteixo coa Ronda de Outeiro, onde se atopa o Banco Gallego hai un burato como consecuencia da rotura da rexa que o protexía. Vale que está pegado á parede e por ahí non pasará a xente, menos mal porque ¿que pasaría se alguén non vai atento e mete o pé ahí? A solución que se lle buscou, esperemos que momentáneamente, e colocar unha valla de obra enriba.
Dirección para hacer trackback a este post:
http://blogs.periodistadigital.com/btbf/trackback.php/74561
Comparte esta información
Comentarios, Trackbacks, Pingbacks:
Aún no hay Comentarios/Trackbacks/Pingbacks para este post...
Se muestran únicamente los últimos 40 comentarios de cada post.
autor
Contacto








