Editado por

José LópezJosé López

Buscar
Temas
Archivos
Hemeroteca
Marzo 2009
LMXJVSD
<<  <   >  >>
      1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
3031     
Sindicación
PARTICIPACIÓN
SERVICIOS


ACTUALIDAD

Opina: ¿Carril Bus na Ronda? ¿Estacionamento en batería?

Permalink 23.03.09 @ 13:40:13. Archivado en Enquisas

Poderás informarte sobre estes asuntos e votar nesta ligazón.

Evolución electoral no barrio nos últimos anos

Permalink 05.03.09 @ 16:30:36. Archivado en Políticos

Aquí poñemos a evolución en votos que tiveron nas eleccións dos últimos anos no barrio os tres principais partidos galegos. Estes datos corresponden ó Distrito 4 do Censo Electoral da Coruña, un Distrito ao que pertence o barrio da Sagrada Familia, Os Mallos e Estación.

As Eleccións do ano 2007 foron Municipais, as do 2008 foron ao "Elecciones Generales" e as do 2009 ao Parlamento de Galicia.

Podes consultar máis detalladamente os datos de cada unha destas citas electorais (as que houbo dende a existencia deste Blog) facendo click aquí.

¿Demostración de como o noso sistema electoral pode ser manipulado?

Permalink 23.02.09 @ 18:55:03. Archivado en Políticos

A través de Im-Pulso atopamos o documental "Quilombo Electoral" nun blog que entre outras cousas di:

A miña primeira intenciòn era demostrar como o noso sistema electoral propiciaba o engano...agora confòrmome con mostrar. Sinceiramente este traballo non valeu de nada... ningùn partido polìtico (a pesares das sùas promesas) nin ningùn medio (a pesares dos seus esforzos) consideraron oportuno a sùa divulgaciòn ou emisiòn. Na miña inxenuidade non puiden discernir que tanto partidos como medios, sen ser a mesma causa teñen moito en comùn. Sei que me vou a meter en lìos pero tanto me ten...dentro de pouco meses teremos nova cita electoral en Galicia e o sistema està podre. A ninguèn lle interesa cambialo. Eu prefiro os lìos que a podredumbre..

Trátase dun documental que a través de entrevistas, cámara oculta e outras reportaxes, amósanos como funciona o sistema co que votan os emigrantes. Según o autor, son varios os medios de comunicación que posúen este material dende fai tempo, pero non o emitiron. Entre outras cousas, pode verse como unha mesma persoa vai entregar 6 votos e como tamén se recolle o voto dunha persoa falecida. O mellor é que cada un de vos o vexa e logo opine. O documental está sacado do blog "Un Contador de Historias".

Tamén podes ver o documental en mallos.es

Carril bus na Ronda de Outeiro e supresión de xiros a esquerda

Permalink 25.01.09 @ 23:40:34. Archivado en Noticias, Enquisas

Carril bus na Ronda de Outeiro, supresión dos xiros a esquerda e construcción de rotondas, unha delas xa pensada na Avenida de Arteixo, á altura do Parque de Vioño e o Centro de Saúde.

O Concello estuda ampliar o carril bus e implantar esta vía preferente para autobuses, taxis, motos e bicicletas na avenida do General Sanjurjo e na rolda de Outeiro, neste caso sería cunha vía intermitente. Estase estudiando tamén e supresión dos xiros á esquerda en todas as grandes avenidas da cidade e que funcionan como vías rápidas, incluida a Ronda de Outeiro.

É sabido por todos o caos de tráfico que existe nesta Ronda ó seu paso polo barrio. A concentración de xiros a esquerda en pouco temo e os coches en dobre fila, fan que sexa case intransitable nalgúns momentos do día ao reducirse na práctica a circulación a só un carril. O goberno local fala de rotondas como solución a algúns dos cruces que temos por aquí.

E dentro do estudio de tráfico que tamén se está facendo na Grela, o goberno local espera que se lle indique o lugar máis idóneo para construír unha rotonda na avenida de Arteixo, á altura do parque de Vioño ou do centro de saúde. Entre outras vantaxes, isto suporía aliviar o tráfico na rotonda de Diz, xunto ao parque de bombeiros.

As principais asociacións de veciños do ámbito da rolda de Outeiro así como a asociacións profesionais de taxistas aplauden a posible supresión dos xiros á esquerda nas grandes avenidas da cidade, co que se pretende dar unha maior fluidez ao tráfico rodado. De tódolos xeitos, a maioría recordan que para aplicar esta medida é necesario adoptar outras alternativas.

Outras das medidas que analiza a empresa Acisa para mellorar a circulación viaria nesta zona da cidade é a de transformar un tramo da avenida de Finisterre, en concreto entre a rolda de Nelle e a rolda de Outeiro, como de sentido único de baixada ou subida. Cardador indicou que se están a formular os pros e os contras e que antes de tomar unha decisión haberá que facer moitas simulacións de tráfico e consultaráse cos afectados, especialmente os veciños e os condutores profesionais.

Podes dar a túa opinión aquí.

+Info aquí.

A zona de San Jaime limitará a velocidade dos coches a 20 Km/h

Permalink 09.01.09 @ 15:45:31. Archivado en Noticias

Esta sinal de tráfico (concretamente a de fin de área residencial) foi colocada nas últimas semanas no semáforo do cruce da rúa Sagrada Familia coa Avenida de Arteixo, indica Fin de Área Residencial, o que non sabemos é onde comeza, pois a sinal de inicio non está colocada.

En caso de que finalmente coloquen estas sinais e se comece a cumprir o código de circulación, a zona delimitada pasará a ser considerada "Rúa residencial" e por tanto, según a normativa vixente de tráfico, inclúe unha serie de normas especialmente acondicionadas que están destinadas en primeiro lugar aos peóns e nas que se aplican as normas especiais de circulación seguintes:

- A velocidade máxima dos vehículos está fixada en 20 quilómetros por hora.
- Os condutores deben conceder prioridade aos peóns.
- Os vehículos non poden estacionarse máis que nos lugares designados por sinais ou por marcas.
- Os peóns poden utilizar toda a zona de circulación.
- Os xogos e os deportes están autorizados nela.
- Os peóns non deben estorbar inutilmente aos condutores de vehículos.

Cumprimos dous anos en liña

Permalink 02.01.09 @ 03:41:28. Archivado en Máis Blog dos Mallos

Polo noso segundo cumpreanos introducimos varios cambios e novidades. Cambiamos o deseño do blog por completo, cambiamos o logo e engadimos novas ferramentas que poden chegar a ser de gran utilidade, como a posibilidade de ver en condicións o blog dos Mallos no teu teléfono móbil. Entra en mallos.es para ver todos os cambios que fixemos.

¿A quen votarás nas próximas eleccións galegas?

Permalink 22.12.08 @ 22:35:28. Archivado en Enquisas

O 1 de marzo de 2009 son as Eleccións ó Parlamento de Galicia e no blog comezamos a curiosear sobre as intencións da poboación, entra no blog e participa na enquisa dando a túa opinión.

Un becerro paséase pola Sagrada Familia

Permalink 18.12.08 @ 20:16:38. Archivado en Noticias

"Viches o toro?", "Non era un toro, era un becerro, un boi, pero xa está morto", "Eu oín os disparos", "Había alí 200 persoas", "Estaba a Policía cos perros intentando capturalo"...

Os veciños da Sagrada Familia abraiados e sorprendidos ante a presenza dun becerro polas rúas do barrio. Despois de andar libremente pola zona, a policía abatiuno. Según contan algúns veciños, necesitáronse ata 12 disparos.

Polo que parece, o becerro debeu escapar do matadoiro municipal, situado no cercano polígono da Grela.

+Info en http://mallos.es

A Coruña quedou baixo un manto branco

Permalink 30.11.08 @ 13:15:09. Archivado en Noticias, Reportaxes

Vaia día de treboada este sábado con relámpagos e tronos espectaculares, moita choiva e moitísima saraiba! O barrio acabou baixo un manto branco despois da espectacular granizada que caeu a iso das 19h.

Moitos semáforos deixaron de funcionar, algúns deles aínda siguen máis de 14 horas despois.

Podes ver máis imaxes e un vídeo do barrio cuberto por un manto branco aquí.

Sergio y Valerón visitarán Os Mallos para acudir al Festival Libérate

Permalink 20.11.08 @ 18:37:23. Archivado en Noticias

Sergio y Valerón, jugadores del Dépor, nos envían las siguientes palabras con las que os animan a acudir al Festival Libérate que tendrá lugar mañana viernes 21 a las 20h en el Centro Cívico de Os Mallos, ellos estarán allí.

"Queremos animar desde el blog Barrio de Os Mallos a todos los vecinos para que acudan mañana viernes a las ocho de la tarde al Centro Cívico del barrio al quinto festival "Libérate".

Cualquier iniciativa que se haga para evitar la violencia y por supuesto la violencia de género tendrá todo nuestro apoyo y el de todos los que formamos el Real Club Deportivo de La Coruña S.A.D.

Es importante que contra esta lacra que azota a nuestra sociedad estemos todos unidos. Por eso, tenéis que venir y participar. Evitar la violencia de género es asunto de todos."

*Desde el Blog Barrio dos Mallos damos las Gracias al R.C.Deportivo por habernos facilitado esta comunicación.

Haz click aquí para ver el cartel y toda la información sobre este Festival.

En Galicia, en castellano

Permalink 03.11.08 @ 21:29:03. Archivado en Reportaxes

Eu faría o mesmo. Despístalos. Marealos coma perdices, agora que comeza a tempada de caza, e aniquilalos igual que fixeron na nosa casa unha vez cun pavo: emborrachalo para que rematase dando voltas arredor de si facéndolle así máis levadeira a extinción. Deixaríalles todo o licor café que desexen para que, embriagados, rosmen e berren alterados contra o que, no seu delirium tremens, son hordas de españois a colonizalos.

Faría o que fai a Rosa Díez: proclamar ben alto e claro que me importa menos ca nada a identidade dos galegos. Faría o que fai Galicia Bilingüe: convertirme en víctima da “imposición lingüística do galego”. Faría o que fai Tojeiro (no o do Cola-Cao, se non o de Gadis e Reganosa): explicarlle aos galegos como deben vivir e o que lles convén. Faría coma máis da metade dos deputados da Xunta de Galicia: esquecerse do que é falar galego e do que eles decidiron bautizar Celga e poñer nun altar o “touriñés”. Faría o mesmo que fai a RAG e evitar sacar dunha vez por todas un diccionario (actualizado) que toda lingua debería ter, con greleiros e buenos incluídos (se teñen integridade abondo apra facelo). Faría como La Voz de Galicia, que máis ca galega parece voceira de segundo que intereses empresariais.

Eu, de querer rematar cun pobo faría por xogar con eles nun tableiro, xa non de xadrez se non de parchís, porque o que conta a día de hoxe non é a intelixencia se non comer aos demais e contar vinte ou trinta, pasar por riba deles, gañar cartos á súa costa e contribuír á degradación consentida. Porque cada vez que reaccionamos ás súas provocacións centrámonos no que a eles lles apetece e xiramos coma Xil Ríos arredor da mesma roda unha e outra vez, a roda do muíño que se chama lingua, que se chama identidade, que se chama medio ambiente, que se chama política, que á fin e ao cabo, se chama cartos.

Eu, despois de ver o sábado a 700 persoas manifestarse pola “libertad lingüística”, vou deixar de facerlle caso a todas esas provocacións, de supeditarme a eles e a deixar de facerlles xogo por texiversadores e por mentireiros. Galiza, Galicia ou o que che pete chamarlle é algo máis ca lingua, pero tamén é lingua, sobre todo é lingua e identidade e cultura (e medio ambiente e oportunidade de negocio e moito máis). E non digo que o que non estea de acordo con todo isto é menos galego, non, o que digo é que é menos coherente, e iso é un indicativo de saúde mental.

Por Besbellinha
(Galiciae)

Un barrio en obras

Permalink 29.10.08 @ 18:06:59. Archivado en Queixas, Reportaxes

Se cremos todo o que anuncian ós nosos gobernantes, o barrio está en pleno proceso de cambios que farán que aqueles que leven moitos anos sen pasarse por aquí case non recoñezan algúns dos lugares que se modificarán.

A rehabilitación da Sagrada Familia segue ó seu curso, máis que lento e con multitude de problemas, pero hai que dicir que os edificios están a cambiar moito (polo menos por fora) e para ben. Esperemos que cando rematen, valera a pena tanta penuria e tantos problemas por mor das obras.

Únese a isto a esperadísima reforma da Pista Verde, que parece que incluso agora vai ser un lugar "idílico" para toda a familia, pero como nos custa crer ós políticos ata que vemos as cosas feitas, esperaremos a ver como queda para opinar. Preto de alí, suponse que en breve comezará a construcción do parking na praza da Sagrada Familia, por suposto, con polémica, debido ás queixas de veciños pola forma de adxudicar as prazas e outros que se acaban de enterar deste proxecto.

Dos Mallos temos a recente promesa da reforma de Angel Senra, incluso veu o a alcade ata aquí a facer un "mitin", perdón, a presentar a reforma "in situ" anunciando que a rúa será realmente peonil o próximo ano, unha peatonalización que inclúe a Francisco Catoira, iso sí, con queixas veciñais por esta última xa que din que os residentes non foron consultados. Dentro desta reforma, parece ser que tamén inclúe a Praza de Madrid, de onde sae a pasarela peonil verde que cruza Alfonso Molina.

A Intermodal segue a voltas e cada vez apunta con maior forza a San Cristóbal, con varias ideas e formas de como facela que van saíndo de cando en vez. O único que parece claro é que levará un centro comercial, que se reformará a praza de San Cristóbal e se arranxarán os baches da Ronda de Outeiro ó seu paso por esta zona.

E todo isto con Vioño ahí, rematando (moi lentamente) a súa gran transformación, de aldea a urbanización con parque. ¿Estará rematado no primeiro trimestre do 2009 como algúns nos dixeron? Polo menos algúns dos edificios parece que si.

Todo moi ben pero, ¿e o Agra dos Mallos? Segue en estado de abandono.

:: siguientes >>

Blogs
El club de los amigos malos

El club de los amigos malos

ÚLIMA HORA: ¡Zelaya no pudo aterrizar en Honduras! Su destino fue El Salvador

Julio San Francisco

En cristiano

En cristiano

Año sacerdotal, un momento de gracia

Luis Javier Moxó Soto

Gallegos hispanohablantes

Gallegos hispanohablantes

Subvenciones millonarias a la "Mesa" durante el anterior gobierno

JUAN JULIO ALFAYA

Romances ultramodernos

Romances ultramodernos

Pepe Padilla, amigo y compañero, está en brazos de Abbá

Joaquín Martínez

Cajón de sastre

Cajón de sastre

Hablar por hablar, sin decir nada.

Rufino Soriano Tena

Bokabulario de Fernández Barbadillo

Bokabulario de Fernández Barbadillo

Pues yo no pido perdón, Soraya guapa

Pedro Fernández Barbadillo

Vilagarcía na Rede

Vilagarcía na Rede

Preocupación de la ciudadanía arousana por las declaraciones de Pilar Farjas

Vilagarcía na Rede

La Marea de Pérez Henares

La Marea de Pérez Henares

Espejismos de verano

Antonio Pérez Henares

Columna de humo

Columna de humo

Un paraíso en el Cerrato

Pedro de Hoyos

Libros

Libros

'El reloj de Mr. Darwin', de Juan Luis Arsuaga

San Francisco de Asís, el Evangelio Vivo

San Francisco de Asís, el Evangelio Vivo

Entender y vivir la Misa (XXIV): Cordero de Dios

Miguel Blanes Coll

Desde el rincón

Desde el rincón

DIA DE LA INDEPENDICA… ¿INDEPENCIA DE QUIEN?

Juan Eduardo Fernandez

Totalitarismo y terrorismo islámico

Totalitarismo y terrorismo islámico

No es Der Stürmer, es El País.

Doctor Shelanu

Punto de vista

Punto de vista

Urkullu, ruin

Vicente Torres

Crónicas Bárbaras

Crónicas Bárbaras

Perpetuo Franco

Manuel Molares do Val

Diálogo sin fronteras

Diálogo sin fronteras

Crónica de un verano con Honduras

Carmen Bellver

Voto en Blanco

Voto en Blanco

Cuando pagar impuestos humilla y esclaviza

Francisco Rubiales

Rumores de Ángeles

Rumores de Ángeles

Zapatero consejero

Rumores de Ángeles

Ole maños, ole

Ole maños, ole

Por ahora, nada de nada

Ignacio Pablo Cerdán

Cafemigao

Cafemigao

SecurityForest

Andrés Alfaro

Haz de PD tu página de inicio | Sugerir enlace | Informa a un amigo | ¿Quiénes somos? | Cartas al Director | Publicidad | Buzón de sugerencias | Denuncias | Publicidad
Periodista Digital, SL CIF B82785809
Avenida de Asturias, 49, bajo - 28029 Madrid (España)
Tlf. (+34) 91 732 19 05
Aviso Legal | Cláusula exención responsabilidad

redaccion@periodistadigital.com Copyleft 2000

b2evolution Creative Commons License
This work is licensed under a Creative Commons License.
Noticias Periodista Digital | Periodista Latino | Reportero Digital | Ciudadano Digital | Chistes, Videos y Poesias