Un opositor cubano crea o premio 'Primavera Negra' para 'bloggers' que loitan pola liberdade de prensa
16.05.08 @ 13:39:10. Archivado en Cuba
SERÁ CONCEDIDO A QUEN ASUMA O ACTO DE INFORMAR COMO UN LABOR DE SERVIZO PÚBLICO
O opositor cubano Julio San Francisco creou o premio Primavera Negra co fin de recoñecer a 'bloggers' que loiten pola liberdade de prensa en Cuba e no mundo e pola liberación dos 26 xornalistas presos na illa caribeña.
O premio, segundo San Francisco, "leva o nome co que se coñeceu en Cuba e en todo o mundo a feroz represión da tiranía cubana contra 75 disidentes pacíficos na primavera de 2003 durante a cal foron a parar ó cárcere 26 xornalistas que aínda permanecen nos calabozos só por escribir libremente".
O creador do galardón afirmou que o premio "non é de dereitas nin de esquerdas", nin tampouco "político senón humanitario". Agregou que cada "outorgante ten toda a liberdade para premiar segundo a súa ideoloxía sempre que se axuste á letra e o espírito" das bases.
O 'Primavera Negra' poderá ser concedido por un xornalista 'blogger' a "todo aquel cidadán universal que teña un blog, escriba periodicamente de forma correcta e decente e asuma o acto de informar como un labor de servizo público".
Cada xornalista 'blogger' poderá premiar unha vez acepte cumprir as bases, pero unha vez nomee ós seus premiados, non poderá volver a utilizar o nome de 'Primavera Negra' ata que el non sexa premiado por outro 'blogger' participante.
Ademais, segundo San Francisco hai dúas categorías no Premio Primavera Negra. Unha é a obrigatoria, a un xornalista cubano preso, a un xornalista cubano independente que informe desde cuba; a un xornalista cubano moi destacado na loita pola liberdade de prensa e a un xornalista non cubano solidario cos xornalistas cubanos e a súa loita pola liberdade de prensa.
En canto á categoría opcional o xornalista blogger pode crear os seus propios premios Primavera Negra cos seus propios argumentos e premiar ata a 26 xornalistas, medios, organizacións de xornalistas e de Dereitos Humanos cubanos e non cubanos, cuxo labor el desexe persoalmente recoñecer.
O primeiro encargado de conceder a Primavera Negra é o seu creador, Julio San Francisco, cuxos condecorados son Miguel Galván Gutiérrez, de Habana Press e que cumpre unha condena de 26 anos de cárcere; Luides María Ansón; a falecida Oriana Fallaci; Agustín Tambargo, Raúl Rivero, Carlos Alberto Montaner, Álvaro Vargas Llosa; Guillermo Fariñas e Héctor Peraza Linares.
Entre os medios non cubanos, se destaca a Radio Martí, o diario español La Razón, Telemadrid, Cubanos en el Exilio, Cuba Democracia y Vida, Cuba La Nuestra e Cuba Libre Digital.
Ademais, San Francisco Premiou a Reporteiros Sen Fronteiras e ó Colexio de Xornalistas de Cuba no Exilio. Entre as organizacións de Dereitos Humanos, figuran a Comisión Cubana de Dereitos Humanos e Reconciliación Nacional e a non cubana Centro para Cuba Libre.
San Francisco, quen ademais é poeta, foi un dos fundadores de HabanaPress -a primeira axencia de prensa privada e libre en medio século en Cuba- e do Movemento Cubano de Xornalismo Independente.
Dos seus ensaios sobre esta loita fixéronse tese en universidades españolas e publícanse clandestinamente en Cuba. O seu poema El desterrado, que se estudou na Sorbona en 2005, converteuse no poema cubano máis traducido, difundido e coñecido polo exilio cubano actualmente.
EUROPA PRESS
YAHOO NOTICIAS
NOTA: He querido cerrar esta serie de versiones en distintos idiomas con ésta al gallego, realizada por el Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, como recuerdo a mi abuelo gallego, don Ramón García Casas, que emigró hacia Cuba muy joven y sin un céntimo, trabajó duramente en una empresa americana, se ganó la confianza de la directiva, ocupó el cargo de Jefe de Pocero, devengó un buen sueldo, compró su casa y su coche, se casó y creó una familia de Bien que se siente orgullosa de él, razón por la cual entre Estados Unidos de América y el Reino de España, aún teniendo visas para ambos países y trabajo en mi profesión en el primero, cuando tuve que salir de mi país decidí hacerlo hacia la tierra de mi abuelo y, cuando la tiranía cubana pretendió dejarme sin patria, resulta que ahora tengo tres: Cuba, España y la Humanidad. QPD. Julio San Francisco
Dirección para hacer trackback a este post:
http://blogs.periodistadigital.com/btbf/trackback.php/165961
Comparte esta información
Comentarios, Trackbacks, Pingbacks:
Aún no hay Comentarios/Trackbacks/Pingbacks para este post...
Se muestran únicamente los últimos 40 comentarios de cada post.
Julio San Francisco
autor








