Luís Cordeiro. Un mestre "dos de antes"
06.04.08 @ 16:00:06. Archivado en Periódico "O desván"
non todos os políticos ascenderon ata postos relevantes sin ter demostrada a súa capacidade para xestionalos. D. Luís, antes de adicarse á política, foi un mestre de escola dos de antes. Daqueles que se ían a vivir ó pobo ou aldea no que lle tocaba impartir maxisterio e adicaban as 24 horas do día a que os alumnos aprendesen e se educaran. Pero ademáis disto, era un lector incansable, defendía os ideais nos que cría e a súa prosa nas nosas dúas línguas era extraordinaria.
Extracto do libro de artigos en prensa “Fume de pallas”:
“Un dos dons […] de que os políticos se senten investidos nada máis tomar posesión da sinecura, é o da imprescindibilidade. […] En canto un se acomoda no seu despacho, con xente consultándolle cousas das que todo o ignoraba ata a véspera, ou escoitándolle, con moita atención, as súas disparatadas disquisicións, non se explica como o concello ou a provincia puideron tirar para adiante sen contar coa súa intelixente e competente dirección. […] é ben sabido que a elección para un cargo fornece, á vez que de lexitimidade democrática, dunha cantidade notable de ciencia infusa que converte ó máis parvo, dun día para outro, nun experto en tódalas artes. […]
Eu tamén padecín deste andazo, e sufría, sobre todo, cando, por unha viaxe urxente, me tiña que ausentar do choio. E como daquela non existían os móbiles (artiluxio que semella formar parte da orella dalgúns políticos. Non hai operación cirúrxica para extirpar esta deformidade. Cúrase co cese) eses, non ficaba tranquilo ata que chegaba de regreso matinando en que burradas terían feito, pois, repítollelo, hai que estar en todo. O bo de Ramón Prieto, o meu secretario particular, home discreto onde os haxa e dunha lealdade inquebrantable á institución, xa estaba ata os mesmos…(non o digo, que miña irmá rífame chamándome groseiro) da miña repetida pregunta:
- Prieto: ¿pasou algo…?
- Nin pasou nada, nin tiña que pasar. E un día vostede cesará no posto e, non se engane, tampouco vai pasar nada…
O cal que o meu bo amigo non facía outra cousa que lembrarme o xa sabido: na vida política, e se antes non ven a física, tamén chega a morte; nunha e outra, pulvum eris et in pulvum reverteris, que dicimos os latinistas das silveiras. Sen embargo, a morte política ten notables avantaxes sobre da biolóxica, non só por razóns obvias, senón tamén porque aquela permíteche o pracer de asistir ás propias exequias, e de ver se o enterrro que che fan os que se din amigos é dos de luxo, ou dos de perceptor de pensión non contributiva.”
O falecemento de Luis Cordeiro sorprendeunos a todos o día de Noiteboa, que quedará marcado para sempre na memoria da súa familia e os seus amigos. Cando máis botamos en falla a políticos comprometidos cos seus ideais (e non funcionarios adicados únicamente a gañar eleccións), un dos intelectuais máis importantes da nosa comarca nos abandona precipitadamente.
Así como Zapatero accedeu á presidencia sin ter ningunha experiencia laboral importante na vida, non todos os políticos ascenderon ata postos relevantes sin ter demostrada a súa capacidade para xestionalos. D. Luís, antes de adicarse á política, foi un mestre de escola dos de antes. Daqueles que se ían a vivir ó pobo ou aldea no que lle tocaba impartir maxisterio e adicaban as 24 horas do día a que os alumnos aprendesen e se educaran. Pero ademáis disto, era un lector incansable, defendía os ideais nos que cría e a súa prosa nas nosas dúas línguas era extraordinaria.
Unha das cousas que máis me chamou a atención da presentación do seu libro “Fume de pallas” foi que os amigos que lle presentaban o libro, antes de empezar a falar del se desmarcaban das súas ideas. Parece como si todos tivéramos que pensar o mesmo en tódalas materias. Pois non é así. El era independente e non lle importaba recoñecelo. E o mellor de todo é que a maneira en que criticaba os aspectos da realidade que non lle gustaban era especial: a súa ironía facía que te enteraras do que estaba a pasar cunha sonrisa ou un guiño de complicidade.
UN CURRICULUM INSUPERABLE
Ós 73 anos tiña un curriculum envidiable: era licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago e mestre nacional. Foi director escolar por oposición e estivo á fronte do colexio de Santa Cilla 20 anos. Nas primeiras eleccións democráticas resultou elixido alcalde de Foz, pero tivo que abandona-lo posto ó acceder á presidencia da Deputación. Foi Vicepresidente primeiro da Xunta, un dos redactores do anteproxecto do Estatuto para Galicia, conselleiro na Xunta Preautonómica, Xerente do Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais e director do Gabinete Técnico do Parlamento galego. Impulsou obras moi importantes para o campus lucense como o Colexio Universitario, a Biblioteca Pública, o Arquivo Provincial, os colexios de xordomudos e educación especial ou a Avenida de Alfonso X El Sabio. Resultou decisivo para a consecución da Facultade de Veterinaria e promoveu tamén a creación de Xestur Lugo. Foi medalla de Prata da Cruz Vermella, Socio de Honra de UNICEF, Sociedade Protectora de Animais, Confraría Virxe da Esperanza e outras entidades socioculturais e deportivas que darían para varios artigos.
Pero a pesar de dedicar toda a vida ós demais e á defensa dos seus valores liberais e cristiáns, a pesar do ben que escribía, e do esforzo que facía para estar ó tanto de todo e tratar de contárnolo á súa maneira, haberá xente que o criticará sin preocuparse nin por ler o que pensaba.
Contaba Cordeiro nun artigo: “somos moi dados a dar consellos e a reservárno-lo dereito de ignora-los que recibimos, quizais porque o consello non é ben recibido, se non é pedido.” Aínda así, voume atrever a ofrecerlles un de balde: si queren facer un bo regalo de reises para exercitar a mente e a memoria, non merquen o “brain trainer”. Regalen “Fume de pallas”. Non se arrepentirán.
Comentarios:
Aún no hay Comentarios para este post...
Se muestran únicamente los últimos 40 comentarios de cada post.
Los comentarios para este post están cerrados.
autor
Contacto


