Por la boca muere el pez

Permalink 14.07.07 @ 11:11:40. Archivado en Gallego obligatorio

Xosé Ramón Barreiro, Presidente de la Real Academia de la Lengua Gallega: "o plan estaba ben elaborado, o que pasa é que hai que aplicalo, poñer en funcionamento todos os mecanismos que estaban previstos para que sen presión excesivas, sen que se note que vai ser algo coactivo (sic), a través dos mecanismos de concienciación que existen, se leve a cabo".

Por la boca muere el pez.

O presidente da Real Academia alerta de que “estamos nun momento difícil” e pide implicación máis decidida
GALICIA HOXE

O presidente da Real Academia Galega (RAG), Xosé Ramón Barreiro Fernández, cre que o Plan de Normalización Lingüística está ben elaborado, pero non se cumpre. Ese é un dos problemas. Aínda que seguir gañando novos espazos de uso para o idioma é unha carreira de fondo, pois o galego está nun momento difícil, Barreiro móstrase optimista.

P: Cal é hoxe a situación do galego?

R: Estamos nun momento difícil, sobre todo en canto a transmisión do galego nas novas xeracións. Sacamos estudos de mediación da situación e temos que pensar que moitas medidas haberá que xulgalas ao cabo de tempo. Estes fenómenos hai que pensar que non se poden verificar por meses, hai que verificalos por anos. Eu sigo sendo optimista, porque, se ben é certo que a transmisión oral vai caendo, porén, a capacidade de toda a xuventude para falalo, para lelo e para escribilo e moito maior que esta, naturalmente, xunto ó ensino, que está funcionando desde hai anos.

P.-Nos preto de dous anos de goberno do bipartito na Xunta, notouse algún cambio no impulso da lingua?

R.-Dá a sensación de que si. Pero eu, polo menos, non sei se é o camiño axeitado. Hai unha presión maior nos institutos para que todo se someta á norma e non sei se iso e bo. Unha das cousas que temos que analizar é que é o que explica que os rapaces que estudan nos colexios aprendan a falar e escribir o galego e estes deixan de falalo cando saen dos institutos. Non é que non se cumpra a norma, senon que cumpríndoa, o número de galegos que proceden do mundo estudiantil decrece.

P.-Que dicir poisdo decreto sobre o uso do galego nos colexios que acaba de publicarse?

R.-Imos xustamente ao que dixen. Imaxinemos que se cumpre o decreto nos institutos e nos colexios ao cento por cento. Quen me garantiza que os rapaces van falar máis o galego? Penso que estamos poñendo moito o acento nos aspectos normativos educativos cando, ao mellor, o problema vai continuar igual. Non creo que a aplicación da norma vaia resolver o problema.

P.-Desde certos sectores atácase a xestión de Política Lingüística, é unha carreira de fondo na que non convén pórse nerviosos antes de tempo?

R.-Exactamente. Eu penso que o que hai que aplicar dunha vez por todas é todo o paquete de normalización lingüística que estaba aprobado xa pola anterior Xunta e polo Parlamento e por unanimidade. Por exemplo, aquilo que se falaba da normalización en todo o mundo do deporte, para todo iso non se moveu un dedo aínda. Do que se dicía da normalización do mundo do ocio da xuventude non se moveu nada tampouco, nin das medidas que había que adoitar para que o galego entrara no mundo da empresa.

P.-En materia de normalización vaise polo bo camiño?

R.-O plan estaba ben elaborado, o que pasa é que hai que aplicalo, poñer en funcionamento todos os mecanismos que estaban previstos para que, sen presións excesivas, sen que se note que vai ser algo coactivo, a través dos mecanismos de concienciación que existen, se leve a cabo. Como se pode consentir que na segunda cidade máis poboada de Galicia, que é A Coruña, todo o que se fala no campo de fútbol nos altofalantes é en castelán? Exemplo contrario é Vigo, que o fai ben desde hai tempo.

P.-Hai inimigos do galego?

R.-Dentro de Galicia?, moitos. Hai moitos inimigos do galego. Sen saír desta cidade (A Coruña), Paco Vázquez, por exemplo, non creo que fora amigo do galego. A Coruña é un concello que gasta moitos cartos en cultura, hai que recoñecelo, quizais dos que gastan máis, pero, que cultura? Eles entenden por cultura galega a xeral que hai en Galicia, pero aquí hai a nosa e hai outra cultura. Pero non é só este caso. Que pasa con Ferrol? A Academia non puido asistir o ano pasado, o ano do centenario, a un acto porque lle suxerin ao alcalde que falara en galego e contestoume indirectamente que a el ninguén lle impuña o idioma. Hai inimigos do galego aquí en Galicia, claro que si.

O galego
Ana Carballo Rubira - Nigrán
FARO DE VIGO - Cartas al Director
14 julio 2007

Quedei moi sorprendida e tamén moi preocupada cando lin unhas declaracións do Presidente da Real Academia da Lingua Galega, don Xosé Ramón Barreiro, do pasado 13 de maio. Reproducindo as súas verbas, cando lle preguntan sobre o pouco que a xente nova fala galego, contesta: "non creo que a aplicación da norma vaia resolver o problema". E á pregunta de se a lei de Normalización Lingüística estaba acadando os seus obxectivos responde: "o plan estaba ben elaborado, o que pasa é que hai que aplicalo, poñer en funcionamento todos os mecanismos que estaban previstos para que sen presión excesivas, sen que se note que vai ser algo coactivo, a través dos mecanismos de concienciación que existen, se leve a cabo".

Para dicir isto hai que estar totalmente convencido de que o que a lei intenta é coaccionar ós galegos. Entristéceme moito que a defensa da nosa lingua se leve a cabo deste xeito, sen ter en conta o que de verdade importa, e que debe prevalecer sempre sobre todas as cousas, que é a liberdade.

Penso que a Real Academia Galega debería plantexarse se dentro dos seus obxectivos o máis importante non debería ser ó de contribuir á creación dunha Galicia máis xusta e respectuosa, que sexa a garantía dunha convivencia en paz e liberdade; onde os galegos falaremos galego sen coaccións nin imposicións e soamente por unha elección persoal de cariño a nosa nosa.

Sorpréndeme por vir de quen ven, unha persoa culta, gran traballador pola nosa lingua e defensor da nosa cultura; e sobre todo iso, unha persoa coa suficiente intelixencia coma para darse conta de que o decreto non defende a lingua galega, senón que a utiliza co fin de mermar a liberdade de todos nós.

Pido disculpas se o meu galego non ten propiedade suficiente pero comecei hai pouco tempo e penso que mellorará porque teño bos mestres.

La normalización lingüística del gallego: que se consiga el efecto sin que se note el cuidado

Xosé Ramón Barreiro Fernández, presidente de la Real Academia Gallega, se destapó a gusto el pasado mes de mayo en unas declaraciones a un portal de internet, acerca de la normalización lingüística del gallego en Galicia.

Barreiro admitía que el plan de normalización lingüística está bien elaborado pero que el problema es que no lo aplican correctamente, ya que hay que "poner en funcionamiento todos los mecanismos que estaban previstos para que, sin presiones excesivas, sin que se note que va a ser algo coactivo" se utilicen los mecanismos de concienciación.

Es decir, que "que se consiga el efecto sin que se note el cuidado", frase victimista del separatismo catalán, al más puro estilo del siglo XVIII, que es a donde quieren llevarnos los nacionalistas.

En Galicia aprenden rápido.

Fuente: Criterio

Dirección para hacer trackback a este post:
http://blogs.periodistadigital.com/btbf/trackback.php/106244

Comparte esta información
  • delicious
  • meneame
  • digg
  • yahoo
  • talk bubble

Comentarios, Trackbacks, Pingbacks:
http://www.youtube.com/watch?v=807ZpCK564Q
Enlace permanente Comentario por Igor Bardevedian 21.12.07 @ 17:30
Ante las sensatas y razonadas "Cartas al Director" en diarios gallegos contrarias al Decretazo.......¿No debía conmoverse y tomar cartas en el asunto la Señora Ministra de Educación, nieta de un gallego y el Sr. Ministro de Cultura, gallego él mismo?
Enlace permanente Comentario por filomeno 14.07.07 @ 12:03
Sin que se note mucho que va a ser algo coactivo........¡Que parezca un accidente.......!
Enlace permanente Comentario por filomeno 14.07.07 @ 11:58

Se muestran únicamente los últimos 40 comentarios de cada post.

Hacer comentario:
Normas de etiqueta en los comentarios
Desde PERIODISTA DIGITAL les animamos a cumplir las siguientes normas de comportamiento en sus comentarios:
  • Evite los insultos, palabras soeces, alusiones sexuales, vulgaridades o groseras simplificaciones
  • No sea gratuitamente ofensivo y menos aún injurioso.
  • Los comentarios deben ser pertinentes. Respete el tema planteado en el artículo o aquellos otros que surjan de forma natural en el curso del debate.
  • En Internet es habitual utilizar apodos o 'nicks' en lugar del propio nombre, pero usurpar el de otro lector es una práctica inaceptable.
  • No escriba en MAYÚSCULAS. En el lenguaje de Internet se interpretan como gritos y dificultan la lectura.
Cualquier comentario que no se atenga a estas normas podrá ser borrado y cualquier comentarista que las rompa habitualmente podrá ver cortado su acceso a los comentarios de PERIODISTA DIGITAL.
Tu email no se mostrará en la página.
etiquetas XHTML permitidas: <p, ul, ol, li, dl, dt, dd, address, blockquote, ins, del, span, bdo, br, em, strong, dfn, code, samp, kdb, var, cite, abbr, acronym, q, sub, sup, tt, i, b>
URLs, email, AIM y ICQs serán convertidos automáticamente.
Opciones:
 
(Saltos de línea se convierten en <br />)

Blogs
El Blog de Otramotro

El Blog de Otramotro

Una hecatombe en Barajas

Ángel Sáez García

Dar cera, pulir cera

Dar cera, pulir cera

La FEK con sus estilos de Kenpo/Kempo

Daniel Sánchez Jiménez

Israel, más allá de las noticias...

Israel, más allá de las noticias...

Quien se acuesta con niños...

Zamir Shimshon

El barón rampante

El barón rampante

Ante la tragedia

Jesús Bastante

La Marea de Pérez Henares

La Marea de Pérez Henares

Alegato contra las Autonomias

Antonio Pérez Henares

El Blog de  Silvia Carreño

El Blog de Silvia Carreño

El PPdeG pide al PSOE que abandone su estrategia dilatoria y asuma su responsabilidad posibilitando el voto en urna de los residentes ausentes

Silvia Carreño

Punto de vista

Punto de vista

Trasplante de órganos entre musulmanes y cristianos

Vicente Torres

Ríase, aunque sea de mí

Ríase, aunque sea de mí

Madrid, Barajas: I love you my friends

Chris Gonzalez -Mora

La columna

La columna

Pánico a volar

Jesús Montesinos

Crónicas Bárbaras

Crónicas Bárbaras

El pintor de Cracovia

Manuel Molares do Val

Desde Malta Encuentros

Desde Malta Encuentros

Prepárate para rehabilitar: las ayudas para rehabilitación en el nuevo plan de medidas económicas del gobierno

Juan Ramón Moscad Fumadó

El Diván

El Diván

Avances en Alzheimer

Jorge Gómez Alcalá

Infordeus

Infordeus

Agosto en Georgia

José Catalán Deus

En clave de África

En clave de África

La autobiografía de Mandela, un libro "de antología"

JC Rodríguez, A Eisman

Diálogo sin fronteras

Diálogo sin fronteras

"Quien no toma su cruz y me sigue no es digno de mi"

Carmen Bellver

Esto es lo que hay

Esto es lo que hay

Desolación

Miguel Ángel Violán

Iglesia en América Latina

Iglesia en América Latina

Paraguay: mensaje a las CEBs de la Iglesia en el Paraguay

Daniel Salsamendi

Crónica Negra

Crónica Negra

Barajas vive su peor tragedia en 25 años

Crónica Negra

Cajón de sastre

Cajón de sastre

De los "textoRufodependientes", pobres míos...

Rufino Soriano Tena

El buen vivir de Juan Luis Recio

El buen vivir de Juan Luis Recio

Bicing y bycing

Juan Luis Recio

Haz de PD tu página de inicio | Sugerir enlace | Informa a un amigo | ¿Quiénes somos? | Cartas al Director | Publicidad | Buzón de sugerencias | Denuncias | Publicidad
Periodista Digital, SL CIF B82785809
Avenida de Asturias, 49, bajo - 28029 Madrid (España)
Tlf. (+34) 91 732 19 05
Aviso Legal | Cláusula exención responsabilidad

redaccion@periodistadigital.com Copyleft 2000

b2evolution Creative Commons License
This work is licensed under a Creative Commons License.
Noticias Periodista Digital | Periodista Latino | Reportero Digital | Ciudadano Digital | Chistes, Videos y Poesias