Editado por

Borja VereaBorja Verea

Buscar
Temas
Archivos
Hemeroteca
Febrero 2012
LMXJVSD
<<  <   >  >>
  12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
272829    
Sindicación
PARTICIPACIÓN
SERVICIOS



A rendibilidade do cemiterio

Permalink 20.07.09 @ 19:33:28. Archivado en Política, Xornal de Galicia
Publicado en Xornal de Galicia el domingo 19 de julio de 2009

Segundo os vellos o mellor morto é o que non molesta. O achegamento á morte ten unha forza case que estrutural, como a desconfianza ou a arte de bicar mal a primeira vez. Así, unha das liortas senlleiras que lembro tiña como asunto a herdanza dun nicho colocado na solaina do cemiterio parroquial, cousa importante xa que non é o mesmo pasar á eternidade aproveitando as raxeiras que metido nun burato na última esquina do camposanto.

Un máis ou menos escolle onde vivir, vai escolmando entre cidades, pobos e lugares ata que chega a un obrigado equilibrio . Non é unha cuestión sinxela pero si tan importante como con quen vivir ou de que vivir. Diferente é o de como e cando morrer, aí si estamos diante de sortes incontrolables. Porén dentro dese misterio podemos decidir que facermos despois de chegado o momento: tentar un último empadroamento e atopar un bo retiro, destacaría, por exemplo , o cemiterio de Noia, un de Mugardos e o de Lefkes na illa grega de Paros. Aquí cada un co seu.

Aínda non está moi claro se a morte de Michael Jackson foi suicidio, homicidio ou desgraza pero si teñen decidido o lugar de enterramento, Forest Laws en Hollywood . Os cemiterios americanos teñen algo de campo de golf, de céspede celestial e gusto polo paseo. Asemade saben aproveitar ese marabilloso sentimento universal no que todos nós unha vez falecidos somos mellores e os nosos actos auténticos, alonxados dos vicios que poucas horas antes os embazaban e rebaixaban.

Parece que o pai do cantante e bailarín tamén ten a intención de facer un grupo de música ao estilo Jackson Five cos seus netos, voltar aos escenarios e aproveitar supoño a rendibilidade da morte do seu fillo. Repetir a historia corrixindo erros e mellorando deficiencias. Ou non. Quen sabe. Pero tampouco nos debemos sorprender nin atacar o cerne ianqui, non hai que ir demasiado lonxe para atopar actitudes semellantes precisamente neses que din respectar o corpo quente e ao tempo están a facer as contas agochados e sumando na libreta da cociña.


Bookmark and Share

Comentarios:

Aún no hay Comentarios para este post...

Se muestran únicamente los últimos 40 comentarios de cada post.

Los comentarios para este post están cerrados.

Blogs
El blog de Patricio Peñalver

El blog de Patricio Peñalver

Y la próxima semana hablaremos del Gobierno

Patricio Peñalver

Audiovisual Legal

Audiovisual Legal

Las claves legislativas de las emisoras comunitarias en España

Jaime Rodriguez

El Blog de Otramotro

El Blog de Otramotro

Ojalá fuera el menda tu Odiseo/Ulises y tú mi Penélope

Ángel Sáez García

Movimiento rural cristiano

Movimiento rural cristiano

Y su sangre es preciosa ante sus ojos

Movimiento Rural Cristiano

El Blog de Baldo

El Blog de Baldo

Soraya Saénz de Santamaría azuza a los sindicatos

Baldomero Gómez

Protestantes

Protestantes

La tumba de Herodes reabre un viejo debate en Israel

Pedro Tarquis

Opinión

Opinión

GOBERNAR SIN CONTEMPLACIONES (Discurso sobre la Nada neoconsocialista).

El alma del haiku

El alma del haiku

Lo sagrado ocurre

Vicente Haya

Humanismo sin credos

Humanismo sin credos

El hombre que siente encuentra a Dios. Dicen.

Asoc. Humanismo sin Credos

La Marea de Pérez Henares

La Marea de Pérez Henares

Las Ferias de Sevilla...que cada cual las cuenta según les va en ellas

Antonio Pérez Henares

Ríase, aunque sea de mí

Ríase, aunque sea de mí

Chris Gonzalez -Mora

Secularizados, mística y obispos

Secularizados, mística y obispos

Obispos. El Escalafón

Josemari Lorenzo Amelibia

El blog de X. Pikaza

El blog de X. Pikaza

Teología de la Liberación en la Universidad Complutense de Madrid (1)

Xabier Pikaza Ibarrondo

El barón rampante

El barón rampante

Vamos a probar a querernos

Jesús Bastante

Gastronomía Navarra

Gastronomía Navarra

Quiche a la Lorena - Receta del libro escuela de cocina navarra "El Bosquecillo"

Mª Rosario Aldaz Donamaría

Blog del País Vasco

Blog del País Vasco

"Víctimas contra la Impunidad". Ebook gratuito

Raúl González Zorrilla

El Blog de Francisco Margallo

El Blog de Francisco Margallo

En busca del Reino 5

Francisco Margallo

Aeterna Christi Munera

Aeterna Christi Munera

Sonidos benedictinos desde Senegal

Jose Gallardo Alberni

Un país a la deriva

Un país a la deriva

El tercio de libre designación.

Vicente A. C. M.

La espingarda

La espingarda

El País pringa a CC.OO en los ERE

Antonio Javier Vicente Gil

Haz de PD tu página de inicio | Cartas al Director | Publicidad | Buzón de sugerencias | Publicidad
Periodista Digital, SL CIF B82785809
Avenida de Asturias, 49, bajo - 28029 Madrid (España)
Tlf. (+34) 91 732 19 05
Aviso Legal | Cláusula exención responsabilidad

redaccion@periodistadigital.com Copyleft 2000

b2evolution Creative Commons License
This work is licensed under a Creative Commons License.
Noticias Periodista Digital | Periodista Latino | Reportero Digital | Ciudadano Digital | Chistes, Videos y Poesias