Editado por

Borja VereaBorja Verea

Buscar
Temas
Archivos
Hemeroteca
Febrero 2012
LMXJVSD
<<  <   >  >>
  12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
272829    
Sindicación
PARTICIPACIÓN
SERVICIOS



A morte da distancia

Permalink 01.06.09 @ 17:43:28. Archivado en Política, Xornal de Galicia

Publicado en Xornal de Galicia el domingo 31 de mayo de 2009

Nos últimos anos da década dos noventa adiantábase que as tecnoloxías sen cable acabarían coa chamada ditadura da xeografía, xurdía o concepto de “mundo plano” coma unha nova orde na que non tería importancia onde estiveramos xa que poderiamos innovar , producir ou traballar dende calquera punto do mapa.

Era o final dunha viaxe case que circular, nunha primeira etapa o ferrocarril, o teléfono e o automóbil orixinaron o abandono das pequenas cidades en dirección a núcleos industriais que desenvolveron as nosas posibilidades. Medramos pero, pola contra, era imprescindible vivir nestes centros industriais xa que os salarios atopábanse aí e polo tanto non había liberdade para escoller onde vivir, estabamos, como diciamos, no cerne da ditadura da localización.
Semellaba que nunha segunda etapa as redes sen cable, a internet, a seguridade aérea ou a eficacia dos transportes públicos terían como consecuencia o desleixamento das cidades masificadas cara a lugares idílicos , ou sinxelamente, que cada un puidese vivir onde quixera, e así o anunciaba The Economist nunha das súas portadas de 1995 baixo o título: “The death of distance” (A morte da distancia).

Hoxe a realidade é moi diferente, malia estarmos en sociedades máis móbiles seguimos sen abranguer esa liberdade na localización, das pequenas cidades pasamos aos cintos industriais e agora estamos xa a falar das megarrexións (Richard Florida). Estes amplos espazos non entenden das fronteiras nacionais e son xa a unidade económica fundamental na nosa época, converténdose nos motores reais da economía global. Son consecuencia do crecemento vertical e horizontal das antigas cidades e sobre todo da exposición destas urbes á competencia mundial.

Unha das características destas megarrexións é o que Robert Lucas chamou “forza da concentración” e que non é outra cousa que a intuitiva idea de que é necesaria a concentración de persoas creativas para aumentar exponencialmente a produtividade. Estes personaxes creativos, valentes e emprendedores necesitan compartir o seu talento en lugares reais e o mundo dixital e sen fío inda non ten esa capacidade.

Non hai dúbida que a rede moldea as nosas percepcións básicas: amizade, amor, linguaxe ou información teñen despois da internet novas posibilidades pero aínda non poden superar a experiencia de compartir a realidade. Por iso malia os efectos das novas tecnoloxías estas persoas creativas seguen unha constante case biolóxica e xúntanse xeográficamente arrastrando todo o resto das estruturas e, polo tanto, a maioría dos salarios e dos traballadores que dependen delas. Este sociedade sen cable se ben permite unha redución ao inmediato das distancias non semella que estea a solucionar unha das poucas preguntas fundamentais que enchen o contido da liberdade individual: ¿onde vivir?

Así, e aínda á espera da derradeira “morte da distancia”, fanse presentes unhas corenta megarrexións no mundo. A maioría delas atravesan as fronteiras tradicionais e outras mantéñense dentro dos Estados actuais. En España temos tres segundo os últimos estudos: Madrid, Barcelona-Lyon e Lisboa. A única exclusivamente nacional é Madrid e as outras dúas son periféricas e supranacionais, a primeira no mediterráneo e a segunda no Atlántico. A chamada rexión Lisboa exténdese dende a capital lusa ata a costa cantábrica galega o que debería facernos reflexionar con estritos parámetros de custe e produtividade sobre a necesidade de potenciarmos e aproveitármonos da nosa situación privilexiada entre dous fluxos tan importantes globalmente coma son Madrid e Lisboa.


Bookmark and Share

Comentarios:

Aún no hay Comentarios para este post...

Se muestran únicamente los últimos 40 comentarios de cada post.

Los comentarios para este post están cerrados.

Blogs
Bokabulario de Fernández Barbadillo

Bokabulario de Fernández Barbadillo

¿Otra guerra en las Malvinas? No me hagáis reír

Pedro Fernández Barbadillo

Entre el Cielo y la Tierra

Entre el Cielo y la Tierra

LA VIDA TIENE SENTIDO

Francisco Baena Calvo

Diario de dos curas de pueblo

Diario de dos curas de pueblo

Qué bien me lo he pasao en los carnavales

José Rubio y César Luis Caro

Audiovisual Legal

Audiovisual Legal

Navarra publica su Decreto de Comunicación Audiovisual

Jaime Rodriguez

Diálogo sin fronteras

Diálogo sin fronteras

Grecia, ese espejo donde todos nos miramos

Carmen Bellver

Pacos

Pacos

Los “padres peregrinos”

Paco Sande

Columna de humo

Columna de humo

La muerte de Whitney Houston

Pedro de Hoyos

Esto es lo que hay

Esto es lo que hay

RFI y las cosas de Africa

Miguel Ángel Violán

Protestantes

Protestantes

Murió Whitney Houston, voz del gospel que atravesó el infierno de la droga

Pedro Tarquis

Invidente pero visible

Invidente pero visible

Oposiciones que discriminan..., ¡¡Que Vergüenza!!

Mariano Fresnillo Poza

Cajón de sastre

Cajón de sastre

¿Se merece Zapatero ese dinero?

Rufino Soriano Tena

Políticamente acorrecto

Políticamente acorrecto

Sánchez Manzano y los conspiranoicos de quita y pon

José Donís Català

Secularizados, mística y obispos

Secularizados, mística y obispos

Acto de amor y contrición

Josemari Lorenzo Amelibia

Arte

Arte

Danza de andar por casa, por J.C.Deus

Periodista Digital

Crónicas Bárbaras

Crónicas Bárbaras

Banderas ajenas

Manuel Molares do Val

Punto de vista

Punto de vista

La realidad de las cosas

Vicente Torres

Un país a la deriva

Un país a la deriva

Delitos prescritos. ¡Se siente!

Vicente A. C. M.

Israel, más allá de las noticias...

Israel, más allá de las noticias...

MI TIERRA DE ISRAEL

Shimshon Zamir

El buen vivir de Juan Luis Recio

El buen vivir de Juan Luis Recio

Guía del vino cotidiano

Juan Luis Recio

Las crónicas de Juan Fernandez Krohn

Las crónicas de Juan Fernandez Krohn

Estampas giennenses

Juan Fernandez Krohn

Haz de PD tu página de inicio | Cartas al Director | Publicidad | Buzón de sugerencias | Publicidad
Periodista Digital, SL CIF B82785809
Avenida de Asturias, 49, bajo - 28029 Madrid (España)
Tlf. (+34) 91 732 19 05
Aviso Legal | Cláusula exención responsabilidad

redaccion@periodistadigital.com Copyleft 2000

b2evolution Creative Commons License
This work is licensed under a Creative Commons License.
Noticias Periodista Digital | Periodista Latino | Reportero Digital | Ciudadano Digital | Chistes, Videos y Poesias