Editado por

Borja VereaBorja Verea

Buscar
Temas
Archivos
Hemeroteca
Febrero 2012
LMXJVSD
<<  <   >  >>
  12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
272829    
Sindicación
PARTICIPACIÓN
SERVICIOS



177 € por veciño

Permalink 28.02.09 @ 17:49:52. Archivado en Política, Xornal de Galicia

Publicado en Xornal de Galicia el viernes 27 de febrero de 2009

Diante dun agasallo non deberiamos esmiolar o enxeño senón gozar. As axudas ao investimento nos concellos suporán un gasto de 177 € por veciño, así que neste caso unha análise do agasallo non será reflexo da mala educación senón do desexo do bo destino destes cartos. E para sabermos se estes terán unha boa evolución o primeiro é debullar cales son os fins pretendidos.

Os obxectivos que din se queren acadar (e publicados no BOE) con estes 8.000 millóns son: a dinamización a curto prazo da actividade económica, a creación de emprego e a capitalización dos municipios.

¿Ímolo conseguir?

No primeiro obxectivo a pregunta que nos facemos é que actividade económica se quere dinamizar e a resposta está no propio Decreto 9/2008: “a mobilización dos excedentes do axuste da construción” e “a viabilidade de pequenas e medianas empresas relacionadas coa construción”. Non hai dúbida que é unha boa idea utilizar os concellos para chegar a estas empresas intermedias xa que son estes os que habitualmente contratan con elas, porén non parece moi sensato unha política activa tan intensa para alongar un modelo produtivo que está esgotado. Ademais, e como exemplo, ¿ que pasará coas empresas que non estean no “circuito municipal”?

O segundo obxectivo é a creación de emprego. Aquí, e despois da análise das solicitudes de cada concello, espérase a contratación de 278.518 traballos directos. Nestas solicitudes os concellos debían propoñer unha estimación de persoas que se ocuparán, sen máis aclaracións. E claro, as cuestións xorden, un exemplo: para un investimento de dous meses, ¿colocamos 3 traballadores durante os dous meses ou 24 traballadores con contratos dunha semana cada un?. Por outro lado aos adxudicatarios esixiráselles nos contratos que cumpran estes requisitos de ocupar persoas desempregadas, incluso con penalizacións no caso de incumprimento, pero será moi difícil controlar que non boten á rúa ao seu persoal habitual para poder cumprir estas esixencias.

O terceiro obxetivo declarado no Decreto 9/2008 é a capitalización dos concellos. Paréceme a liña máis interesante. Unha aposta importante e un xesto de confianza nos poderes locais. Aínda que non deixa de ser unha subvención dirixida, a cantidade desta e a marxe que outorga (non hai noticia de que rexeitaran propostas) case que permite falar dun novo orzamento de investimentos.

Nas vindeiras datas rematará a publicación dos proxectos aprobados e será sen dúbida o momento para medir que xestores temos, que ideas propuxeron e que actuacións esqueceron. Será tamén unha ocasión máis para a práctica nacional de “xogar a alcalde” co agora si incorruptible “eu faría”. En definitiva, a análise das propostas dos nosos concellos suporá unha reválida popular con avaliación inmediata.


Bookmark and Share

Comentarios:

Aún no hay Comentarios para este post...

Se muestran únicamente los últimos 40 comentarios de cada post.

Los comentarios para este post están cerrados.

Blogs
Bokabulario de Fernández Barbadillo

Bokabulario de Fernández Barbadillo

¿Otra guerra en las Malvinas? No me hagáis reír

Pedro Fernández Barbadillo

Entre el Cielo y la Tierra

Entre el Cielo y la Tierra

LA VIDA TIENE SENTIDO

Francisco Baena Calvo

Diario de dos curas de pueblo

Diario de dos curas de pueblo

Qué bien me lo he pasao en los carnavales

José Rubio y César Luis Caro

Audiovisual Legal

Audiovisual Legal

Navarra publica su Decreto de Comunicación Audiovisual

Jaime Rodriguez

Diálogo sin fronteras

Diálogo sin fronteras

Grecia, ese espejo donde todos nos miramos

Carmen Bellver

Pacos

Pacos

Los “padres peregrinos”

Paco Sande

Columna de humo

Columna de humo

La muerte de Whitney Houston

Pedro de Hoyos

Esto es lo que hay

Esto es lo que hay

RFI y las cosas de Africa

Miguel Ángel Violán

Protestantes

Protestantes

Murió Whitney Houston, voz del gospel que atravesó el infierno de la droga

Pedro Tarquis

Invidente pero visible

Invidente pero visible

Oposiciones que discriminan..., ¡¡Que Vergüenza!!

Mariano Fresnillo Poza

Cajón de sastre

Cajón de sastre

¿Se merece Zapatero ese dinero?

Rufino Soriano Tena

Políticamente acorrecto

Políticamente acorrecto

Sánchez Manzano y los conspiranoicos de quita y pon

José Donís Català

Secularizados, mística y obispos

Secularizados, mística y obispos

Acto de amor y contrición

Josemari Lorenzo Amelibia

Arte

Arte

Danza de andar por casa, por J.C.Deus

Periodista Digital

Crónicas Bárbaras

Crónicas Bárbaras

Banderas ajenas

Manuel Molares do Val

Punto de vista

Punto de vista

La realidad de las cosas

Vicente Torres

Un país a la deriva

Un país a la deriva

Delitos prescritos. ¡Se siente!

Vicente A. C. M.

Israel, más allá de las noticias...

Israel, más allá de las noticias...

MI TIERRA DE ISRAEL

Shimshon Zamir

El buen vivir de Juan Luis Recio

El buen vivir de Juan Luis Recio

Guía del vino cotidiano

Juan Luis Recio

Las crónicas de Juan Fernandez Krohn

Las crónicas de Juan Fernandez Krohn

Estampas giennenses

Juan Fernandez Krohn

Haz de PD tu página de inicio | Cartas al Director | Publicidad | Buzón de sugerencias | Publicidad
Periodista Digital, SL CIF B82785809
Avenida de Asturias, 49, bajo - 28029 Madrid (España)
Tlf. (+34) 91 732 19 05
Aviso Legal | Cláusula exención responsabilidad

redaccion@periodistadigital.com Copyleft 2000

b2evolution Creative Commons License
This work is licensed under a Creative Commons License.
Noticias Periodista Digital | Periodista Latino | Reportero Digital | Ciudadano Digital | Chistes, Videos y Poesias