Editado por

Borja VereaBorja Verea

Buscar
Temas
Archivos
Hemeroteca
Febrero 2012
LMXJVSD
<<  <   >  >>
  12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
272829    
Sindicación
PARTICIPACIÓN
SERVICIOS



Pequenos concellos globais

Permalink 07.01.09 @ 08:58:23. Archivado en Política, Xornal de Galicia

Publicado en Xornal de Galicia el martes 9 de diciembre de 2008

De todos os proxectos que ten Galicia por diante un dos máis apaixonantes é a modernización da administración local. O retraso histórico dos nosos concellos non pode seguir sendo aceptado como un mal estrutural sen propoñermos novos camiños e solucións aos retos inmediatos que xa temos diante. O feble financiamento, a revolución tecnolóxica e a especialización do persoal son reclamas habituais xunto con cuestións máis xerais como o modelo de vilas e pobos que queremos no futuro ou a imprescindible dignificación das institucións locais, competencial e socialmente.

Dende a Idade Media non atopamos un concepto de municipio que nos poida servir de modelo ou concepto natural, a non ser, e non é pouco, a propia existencia dos mesmos como espazo e hábitat básico de espallamento das nosas capacidades. Recollida a autonomía municipal no texto constitucional o último intento serio de renovación das entidades locais produciuse xa en 1999 co desenvolvemento do Pacto Local o cal se traduciu en medidas máis efectistas que efectivas e que non quixeron atacar o cerne do problema. Houbo tamén outro impulso menor no 2003 coa publicación dunha normativa especialmente dirixida aos grandes municipios. Hoxe, e á espera da nova lei de bases estatal, o título competencial, e polo tanto a responsabilidade, está nas Comunidades Autónomas e deben ser estas as que localicen e corrixan con valentía as disonancias municipais.

Fronte á inevitable globalización aparece con renovada lexitimidade o valor do local, faro imprescindible que proxecta o principio de proximidade e permite aos cidadáns unha utilización directa do poder ao tempo que un mellor control deste. O individuo atopa dende sempre na súa administración máis cercana a primeira expresión do poder, e nesa complicada escada cada cidadán debería poder participar, elixir, vixiar e xestionar facendo persoas máis responsables e comprometidas coa administración dos intereses xerais, neste caso locais.

A realidade hoxe en día é moi diferente e temos o perigo de perdernos en ruelas sen saída. Unha delas é a da financiación. Óense dende tempos inmemoriais voces que falan das necesidades dos concellos afogados nun mar de débedas, incapaces de facer os pagamentos imprescindibles e asolagados con competencias excesivas e incontrolables. E todo é certo; pero a solución non poder ser soamente un incremento nas partidas das transferencias correntes. Antes de financiar é necesario saber que é o que queremos financiar; coñecemos xa o problema de determinación das competencias dos concellos que cambian case que diariamente con cada publicación dunha nova lei ou decreto nos diarios oficiais. Nin hai unha listaxe, nin unha enumeración e, sobre todo, tampouco unha valoración do seu custe. Así tamén os orzamentos municipais teñen demasiados ingresos con forma de subvención finalista, dedicadas a proxectos ou actividades que outros deciden e dos que unha vez instalados é moi difícil prescindir, volva ou non o agasallo da subvención. E non esquezamos que o propio concepto de subvención está vinculado á actividade de fomento, isto é, a potenciar actitudes que o mercado ou a sociedade non atenden suficientemente e non deben polo tanto manter na perpetuidade actividades fixas e permanentes .

Pola contra, os impostos municipais non teñen nin a suficiente flexibilidade para adaptarse ás necesidades crecentes nin a suficiente contía como para cumpriren unha das súas misións máis importantes, que o ente que recada (e gasta) sinta a responsabilidade fiscal. Polo tanto o problema da financiamento debería ir sempre unido ao problema das funcións dos concellos, ter claro que concellos queremos e nutrilos en consecuencia e sen medo.

Resumindo; confiar nas nosas cidades e vilas significa sinxelamente que os gobernos das Comunidades Autónomas adelgacen as súas potestades e os seus medios e os cedan aos concellos. ¿Estamos en Galicia preparados para ese momento histórico da segunda descentralización?.

Sen chegar á tolemia das dúas Castelas tamén temos aquí un problema coa planta municipal. E é que a maioría do noso tecido municipal está composto de municipios pequenos. Non debería ser en principio ningunha preocupación (en Francia a maioría das entidades menores non chegan aos 3500 habitantes) porén é evidente que os nosos núcleos rurais necesitan unha auténtica renovación. Levar as novas tecnoloxías a estas vilas ten como consecuencia non só máis diñeiro, senón e moi importante a selección de persoal capacitado para xestionar e manter estes novos retos. Un investimento serio en capital humano é un seguro para as complexidades que trae consigo a dixitalización da vida comercial e administrativa, e unha garantía ante o futuro incerto pero sen dúbida aínda máis complexo.
Outro camiño aberto é axustar a lexislación á realidade sociolóxica destas entidades, dotalas dunha normativa crible e flexible para que estas pequenas administracións poidan adaptarse rápido aos contínuos cambios e necesidades e solucionen, sen impedimentos feitos para grandes cidades, os problemas espontáneos de cada veciño. As administracións locais débense configurar como os poderes públicos máis dinámicos por seren os primeiros en recibir as violentas ondas de novidades que propón a rica vida social, mercantil e veciñal.

É certo que non podemos pretender que en todos os nosos pequenos concellos haxa as mesmas posibilidades que se estiveramos a vivir no Paseo da Castellana, pero si podemos intentar que en cada un deles se desenvolvan as condicións necesarias para que o custe de oportunidade entre unha ou outra decisión non sexa tan grande. Nesta misión adquiren especial relevancia as chamadas pola doctrina entidades locais intermedias, outro antigo problema sen solucionar e que está a coller nas últimas datas especial intesidade, sobre todo coa problemática supramunicipal catalana.
Non é aquí o lugar para decidir se o camiño en Galicia son as comarcas ou as deputacións; pero o certo é que estas últimas teñen garantidas a súa existencia tanto no artigo 141 da lei fundamental como posteriormente pola xurisprudencia constitucional que reaccionou e abortou o intento de Cataluña de suprimilas na súa coñecida sentenza 32/1981 de 28 de xullo. E ademais a lexislación existente hoxe en día xa as converte en entidades asistentes e figuras cooperantes dos concellos máis pequenos, aínda que a súa realidade sexa diferente. A outra posibilidade sería artellar una nova estrutura de comarcas coa complexidade xurídica que isto supón e o coidado que se deberá ter para non caer en duplicidades competenciais. Unha modificación constitucional semella máis hixiénica no caso de escollermos a vía comarcal como ente intermedio fundamental.
Sexa un ou outro o camiño elixido estas administracións deben ser as encargadas non só de completar e mellorar os servizos alí onde non cheguen os municipios de menor capacidade económica, senón tamén vixiar para acadar unha distribución ordenada das posibilidades e funcionar como un reactivo que permita a cada un dos concellos menores estar nas mellores posicións na selva da competitividade.

Concluíndo, a modernización da administración local debe comezar a ollarse dende o espello desta nova modernidade para situar os nosos concellos na mellor das posicións posibles, e debe rematar coa exaltación do local como autoestrada directa ao global; tendo claro que se a economía e a tecnoloxía son posicionamentos tributarios da globalización a sociedade, e en especial a sociedade galega, é fundamentalmente local.
Para chegar a esta situación ideal dos pequenos concellos globais é necesario atacar os problemas estruturais que historicamente mantemos e que vimos resumindo nunha administración local que traballa con conceptos, lexislación e mecanismos do século pasado; concellos que non teñen o recoñecemento social necesario (non axudan os casos de corrupción), pero tampouco teñen o respeto institucional suficiente xa que son na maioría dos casos tratados como uns sinxelos apéndices das outras administracións maiores, financeira e competencialmente, convertíndoos case que nunhas oficinas abertas das outras.
Esquécese o seu valor democrático e non se fai caso ás ensinanzas da historia que demostran que cidades máis libres son causa de cidades máis prósperas e á súa vez de sociedades máis fortes. Sempre que se quixo baleirar os municipios baleirouse tamén o motor da nosa historia. Non sei se serán os tempos hoxe de solucionar un problema que leva centos de anos sen resolverse pero si debemos saber que nunca antes tivemos os medios, os coñecementos e a tecnoloxía para converter as aldeas galegas (dende A Coruña ata Lobios) en verdadeiros poderes locais e nas auténticas liñas de saída do futuro de Galicia, tendo como máxima, e repítome, que mellores concellos é sinónimo de mellor democracia.

Gustaríame polo tanto rematar esta defensa e esperanza do municipalismo galego coas palabras publicadas xa hai tempo por don Antonio Pérez Luque, compañeiro: “ no municipio é onde un cidadán ten as súas raíces e necesidades, as diarias e as habituais. Por iso a vida municipal debe ser o emblema da acción administrativa pública e os municipios non deben decaer porque eles son o soporte da Provincia, da Comunidade Autónoma e do Estado, que sin eles non son nada”.


Bookmark and Share

Comentarios:
un equipo de gestión independiente del presidente que funciona y trabaja según criterios marcados por una junta, y que el presidente de turno no puede modificar si no lo hace en junta. Es un mix de "democracia" y "gestión". ¿sería posible ver a los ciudadanos de un ayuntamiento votar en referendum por los objetivos de gestión para su ayuntamiento?

Bueno, un saludillo borja. la próxima vez responderé antes.
Enlace permanente Comentario por jose 28.02.09 @ 19:01
Hola Borja,

Cuando me refiero a la rentabilidad del gasto, habla de invertir buscando una rentabilidad para el ayuntamiento, pero no para que quede más bonito o para que este gobierno sea recordado, si no para que los que tienen comercios puedan vender más, para que los que tengan industrias puedan trabajar mejor y que para que los buscan empleo o desarrollar su proyecto tengan un lugar donde hacerlo.

Sí que es enorme la lista de malos gestores pero la culpa no creo que sea de los que votamos, en tal caso será de los que tenemos para elegir. ¿Por qué alguien se presenta a una alcaldía?

Me gusta mucho el fútbol, y en el futbol hay tan malos gestores como en los ayuntamientos. El otro día escuchaba una propuesta para equipos como el Real Madrid de algo que ya se viene desarrollando en Holanda desde hace muchos años: un equipo de gestión independiente del presidente que funciona y trabaja según criterios marcados por una junta, y que el presidente...
Enlace permanente Comentario por jose 28.02.09 @ 18:59
(continuo)En cuanto a los ayuntamientos rentables, supongo que te refieres a “rentabilidad del gasto”, a que se gaste mejor, porque no tengo tan claro que tengan que funcionar con criterios empresariales de rentabilidad. (Ej. en Inglaterra casi todo los concellos invirtieron excedentes de tesorería en depósitos en Islandia...); pero me atrevería que tampoco de rentabilidad productiva; sino en cubrir necesidades (cuáles?) lo mejor posible y , aquí sí, al menor coste pero sin pensar en rentabilidad.

Si preguntas por qué la mayoría de los políticos locales son tan malos gestores la respuesta es múltiple: ley electoral, historica, sociologica, etc... pero la culpa en ultima instancia es de los que los votamos.
Enlace permanente Comentario por borja verea 26.01.09 @ 18:26
En primer lugar muchas gracias “jose” por pasarte por el blog.

Estoy completamente de acuerdo contigo en que el principal problema es de gestión de servicios, y que la instalación de los mismos a pocos km dispara cualquier análisis de costes. Hoy las diputaciones, entre otras funciones, son un embrión de esa “oficina de gestión de servicios” aunque prácticamente especializadas en servicios de gestión tributaria y recaudatoria. La normativa hoy en día también habilita otras formas para hacer más eficientes los servicos entre municipios: consorcios, mancomunidades, comarcas y areas metropilitanas.

Por eso intento destacar la importancia de decidirnos por una “entidad intermedia” y apostar sin miedo por ella; por una simple cuestión de eficacia.

En cuanto a los ayuntamientos rentables, supongo que te refieres a “rentabilidad del gasto”, a que se gaste mejor, porque no tengo tan claro que tengan que funcionar con criterios empresariales de rentabili...
Enlace permanente Comentario por borja verea 26.01.09 @ 18:24
.... al coste que le supone a sus ciudadanos?
Enlace permanente Comentario por jose 24.01.09 @ 19:45
La tecnología es el medio, no la solución en sí mísma. Los ayuntamientos necesitan sistemas de gestión y planes estratégicos enfocados hacia sus ciudadanos para mejorar la productividad y ahorrar costes.

¿Sería posible unificar en una oficina de gestión los servicios de varios ayuntamientos?

Quizá la suficiencia financiera de un ayuntamiento pase por tener una estructura de costes ajustada a lo que necesita.

Si asemejara una empresa a un ayuntamiento, me preocuparía tener un departamento de personal, de contabilidad, de administración, etc cada 15km, y que por ese motivo no tuviera tiempo y recursos técnicos y financieros suficientes para atender las necesidades de mis clientes.

¿Tan difícil es entendernos con nuestros vecinos?

¿Sería posible ver un ayuntamiento que fuera rentable? ¿Sería posible ver un ayuntamiento en el que el valor generado por el responsable de un departamento - concejal o lo que sea - sea superior...
Enlace permanente Comentario por jose 24.01.09 @ 19:40

Se muestran únicamente los últimos 40 comentarios de cada post.

Los comentarios para este post están cerrados.

Blogs
Bokabulario de Fernández Barbadillo

Bokabulario de Fernández Barbadillo

¿Otra guerra en las Malvinas? No me hagáis reír

Pedro Fernández Barbadillo

Entre el Cielo y la Tierra

Entre el Cielo y la Tierra

LA VIDA TIENE SENTIDO

Francisco Baena Calvo

Diario de dos curas de pueblo

Diario de dos curas de pueblo

Qué bien me lo he pasao en los carnavales

José Rubio y César Luis Caro

Audiovisual Legal

Audiovisual Legal

Navarra publica su Decreto de Comunicación Audiovisual

Jaime Rodriguez

Diálogo sin fronteras

Diálogo sin fronteras

Grecia, ese espejo donde todos nos miramos

Carmen Bellver

Pacos

Pacos

Los “padres peregrinos”

Paco Sande

Columna de humo

Columna de humo

La muerte de Whitney Houston

Pedro de Hoyos

Esto es lo que hay

Esto es lo que hay

RFI y las cosas de Africa

Miguel Ángel Violán

Protestantes

Protestantes

Murió Whitney Houston, voz del gospel que atravesó el infierno de la droga

Pedro Tarquis

Invidente pero visible

Invidente pero visible

Oposiciones que discriminan..., ¡¡Que Vergüenza!!

Mariano Fresnillo Poza

Cajón de sastre

Cajón de sastre

¿Se merece Zapatero ese dinero?

Rufino Soriano Tena

Políticamente acorrecto

Políticamente acorrecto

Sánchez Manzano y los conspiranoicos de quita y pon

José Donís Català

Secularizados, mística y obispos

Secularizados, mística y obispos

Acto de amor y contrición

Josemari Lorenzo Amelibia

Arte

Arte

Danza de andar por casa, por J.C.Deus

Periodista Digital

Crónicas Bárbaras

Crónicas Bárbaras

Banderas ajenas

Manuel Molares do Val

Punto de vista

Punto de vista

La realidad de las cosas

Vicente Torres

Un país a la deriva

Un país a la deriva

Delitos prescritos. ¡Se siente!

Vicente A. C. M.

Israel, más allá de las noticias...

Israel, más allá de las noticias...

MI TIERRA DE ISRAEL

Shimshon Zamir

El buen vivir de Juan Luis Recio

El buen vivir de Juan Luis Recio

Guía del vino cotidiano

Juan Luis Recio

Las crónicas de Juan Fernandez Krohn

Las crónicas de Juan Fernandez Krohn

Estampas giennenses

Juan Fernandez Krohn

Haz de PD tu página de inicio | Cartas al Director | Publicidad | Buzón de sugerencias | Publicidad
Periodista Digital, SL CIF B82785809
Avenida de Asturias, 49, bajo - 28029 Madrid (España)
Tlf. (+34) 91 732 19 05
Aviso Legal | Cláusula exención responsabilidad

redaccion@periodistadigital.com Copyleft 2000

b2evolution Creative Commons License
This work is licensed under a Creative Commons License.
Noticias Periodista Digital | Periodista Latino | Reportero Digital | Ciudadano Digital | Chistes, Videos y Poesias